Revista Galega de Teatro

Publicidade

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC – Boletín informativo # 10

Outubro 2020

Nesta décima entrega do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas, correspondente ao mes de outubro, achegámonos aos oficios do teatro a través da obra do dramaturgo e guionista Enrique Jardiel Poncela; ás pezas do coruñés Raúl Dans, Unha corrente salvaxe e Historia dunha descoñecida, publicadas recentemente por Laiovento; á programación dun obradoiro de expresión dramática deseñado por Fernando Bercebal; e, finalmente, á adaptación escénica de José Caldas dos contos tradicionais dos irmáns Grimm.

Jardiale, un escritor de ida y vuelta

Jardiel, un escritor de ida y vuelta

de Ernesto Caballero

Cuadernos Pedagógicos del Centro Dramático Nacional nº 96. Versión y dirección de Ernesto Caballero.

Unha corrente salvaxe

Unha corrente salvaxe. Historia dunha descoñecida

de Raúl Dans

Edicións Laiovento

Este caderno pedagóxico corresponde ao espectáculo dirixido por Ernesto Caballero a partir da obra de Enrique Jardiel Poncela que foi estrenado no Teatro María Guerrero de Madrid na temporada 2016/2017. No seu índice recolle unha introdución ao autor e a súa obra, unha entrevista co director escénico, unha explicación sobre a escenografía e o vestiario e finalmente unha bibliografía. Cada un destes capítulos está acompañado de fotografías e diferentes ilustracións.

Citamos este número como un exemplo do que son os ‘Cuadernos’ editados polo Departamento de Actividades Culturales e Educativas do Centro Dramático  Nacional durante estes últimos anos e dos que hai moitos outros números no FTMC da Biblioteca Pública de Cangas. A súa publicación persegue inicialmente o obxectivo pedagóxico de promover a asistencia e o gusto polo teatro entre o profesorado e o alumnado de ensino secundario, fundamentalmente da Comunidade de Madrid.

Agora ben, o seu valor cultural e didáctico vai  moito máis aló destes posibles espectadores.   A súa edición, concibida desde unha perspectiva teatral, explicando algúns dos oficios –dramaturxia, dirección, deseño vestiario, luminotecnia…– que interveñen  en cada unha das postas en escena do Centro Dramático Nacional,  proporciona  recursos de moito proveito para outras persoas interesadas polo estudio da literatura dramática e da súa representación. E moi en particular para o profesorado e alumnado que contempla no seu currículo escolar esta materia.

Velaquí outros títulos editados:  Tres sombreros de copa, de Miguel Mihura. Dirección: Natalia Menéndez; Divinas palabras, de Ramón Mª del Valle-Inclán. Dramaturxia e Dirección: José Carlos Plaza; Madre Coraje y sus hijos, de Bertolt Brecht. Versión e dirección: Ernesto Caballero;  Shock (El Cóndor y el Puma), dramaturxia de Albert Boronat e Andrés Lima (Inspirada en A doctrina do Shock, de Naomi Klein).

Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención. Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans margullase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos daño. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.

Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, compre  que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque de Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012.  Segundo os membros do xurado, “a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmósferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situación e á axilidade dos diálogos”. Esta misma obra está publicada na erregueté– Revista Galega de Teatro nº 75 debido ao convenio co Cercle Artistic de Menorca, promotor do Premi Born, único premio de teatro editado nas catro línguas do estado español.

En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin a súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo.

Raúl Dans (A Coruña, 1964) é autor teatral, guionista e actor de dobraxe. Galardonado con diversos premios por varios dos seus textos dramáticos e tamén como guionista de series de ficción para a Televisión de Galicia.

Un taller de drama

Un taller de drama

de Fernando Bercebal

Ñaque Editora

Os Três Cabelos de Ouro

Os Três Cabelos de Ouro do Diabo

de José Caldas, a partir do conto dos Irmâos Grimm

Colección: Sebenta de Criaçâo

Este libro vén sendo a aplicación práctica doutro publicado polo mesmo autor titulado Drama, cubrindo deste xeito unha urxente necesidade no mundo do ensino e animación da expresión.

Un taller de drama aporta unha programación de máis de vinte sesións estruturadas para desenvolver un obradoiro de expresión con múltiples posibilidades finais. As diferentes sesións están orientadas a traballar co grupo o espazo; o corpo e o movemento;  a voz e o son e a improvisación-interpretación.

Como complemento, o libro inclúe un disco interactivo co que o monitor/a poderá reprogramar as sesión en función das necesidades do grupo co que está traballando, a súa idade e os obxectivos a conseguir.

Fernado Bercebal é profesor de Drama e Técnico Superior de Expresión.

O espectáculo foi presentado pola produtora Filipe Crawford- Produçoes Teatrais no Teatro Casa da Comédia de Lisboa.

Este interesante caderno recolle os “apuntamentos” que realizou José Caldas, recoñecido dramaturgo e director portugués da Compañía de Teatro Quinta Parede de Vila do Conde, para levar a escena o conto dos Irmáns Grimm.

Nestes apuntamentos, que tamén poderiamos nomear “caderno  de dirección escénica”, atopamos consideracións sobre a psicoanalise dos contos e a súa simboloxía, deseño dos escenarios e dos figurinos, notas sobre a música escénica e diferentes acotacións e subliñados   sobre  o texto do conto dos Irmáns Grim na tradución portuguesa de Graça Vilhena.

Como agasallo de José Caldas para o FTMC, tamén na mesma colección Sebenta de Criaçâo, pódese consultar Cordel, histórias de uma escrita falante a partir dos textos dos Indios Caxinauás e Herberto Helder, Literatura de Cordel Portuguesa e Brasileira, e Ou isto ou aquilo a partir da obra de Cecília Meireles, ámbalas dúas coa dirección e dramaturxia de J. Caldas.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

Publicidade
Publicidade
close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.