Rede Cultural Coruña

A área de Cultura da Deputación da Coruña incrementa o orzamento destinado ás artes ao vivo

“A Rede Cultural da Deputación da Coruña é o máis sólido circuíto no territorio e, como non podería ser doutro xeito, nesta nova edición, convocada xa na pandemia, adáptanse as bases á nova situación provocada pola COVID-19, ampliando o tempo de programación e reforzando de maneira especial o orzamento destinado a cultura profesional nun momento de especial relevancia para o mantemento das empresas e o emprego no sector”, sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

A Deputación da Coruña incrementa o catálogo de espectáculos da Rede Cultural

Os concellos da provincia da Coruña poderán escoller entre os 1.776 espectáculos que se inclúen no catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña, unha cifra considerabelmente maior a do pasado ano xa que nesta nova edición a convocatoria abriuse a todas as compañías e produtoras galegas. Case catrocentas propostas máis é o incremento que […]