Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Etiqueta: Festival Catropezas
Volumen 2
Asistimos a un espectáculo íntimo, ofrecido pola Cía. Sandra Gómez, quen vén de explorar o espazo que para bailar lle dá a intimidade en variados proxectos centrados no corpo e no movemento (por exemplo, na súa proposta Solo los solos, que nace da revisión de famosos solos de danza). Nesta presentación de Volumen 2, a artista valenciana déixanos entrar no seu espazo íntimo a través do bater do seu corazón e da amplificación artificial do mesmo, da creación de espazos de son e de silencio, da palabra e, especialmente, da mirada que inclúe ao público na proposta.
In Anima Vil
A bile como motor | Iván Fernández | | Foto: Lola Jiménez | In anima vil é unha presentación da artista Lola Jiménez no marco do festival de danza contemporánea Catropezas que a sala Ensalle de Vigo continúa a programar, malia o difícil dos tempos, ao longo do mes de novembro tal e como […]
Bailar agora
Danzando coa luz | Iván Fernández | | Foto: Mila Ercoli | Benvidxs a unha viaxe no tempo. Unha viaxe que faremos bailando. Poñédevos por favor as vosas zapatillas, as máis cómodas, as de deporte ou as de ballet. Estades preparadxs? Acendamos a luz. Bailemos agora. Comecemos a danza seguindo os pasos de Marta […]
Estela Lloves estrea no Festival Catropezas do Teatro Ensalle
Dentro do Festival Catropezas, que se desenvolve no Teatro Ensalle de Vigo durante o mes de novembro, Estela Lloves estrea nova peza, Sempreviva, a raíz da casa Arraiana. Será esta fin de semana: venres e sábado ás 22:00 e domingo ás 21:00. Os procesos creativos de Lloves, longos e profundos, comportan períodos de creación extensos con resultados […]
XIII Festival Catropezas no Teatro Ensalle de Vigo
O mes de Novembro é o elexido por Teatro Ensalle para organizar este festival de danza contemporánea tan orixinal como agardado polo público da sala. Xorde en 2006 como un desexo de aglomerar en catro fins de semana, algunhas das producións de danza (tanto nacionais como internacionais) máis destacadas do último curso, por iso as […]
Argh!
A fisonomía onírica do movemento | Afonso Becerra de Becerreá | Argh! é un xesto, unha interxección, un micromovemento deses dos que se compón a vida, a humana e mesmo a vexetal ou a animal. Argh! é un trazo no aire. Argh! é unha onda que xorde e se expande no espazo e esmorece, […]
Barbecho
Against interpretation | Afonso Becerra de Becerreá | Susan Sontag quixo liberar á arte contemporánea da submisión á semántica e ás interpretacións que buscasen lexitimala ou deslexitimala. Natxo Montero e Laia Cabrera rebózanse no xogo da danza-teatro coa ledicia dos porcos, co lecer das crianzas que gozan facendo castelos de area e derrubándoos. O […]
Who will save me today?
(Des)equilibrios | Manuel Xestoso | O equilibrio é un dos argumentos máis substanciais da danza, tanto técnica coma simbolicamente. O equilibrio implica tamén a posibilidade da caída, indica a fraxilidade da posición do ser humano, lémbranos o inxente esforzo que require manterse en pé. Janet Novás semella querer enfrontar algunhas das cuestións máis delicadas […]