in

Estela Lloves estrea no Festival Catropezas do Teatro Ensalle

ARRAIANASEMPREVIVA |

Dentro do Festival Catropezas, que se desenvolve no Teatro Ensalle de Vigo durante o mes de novembro, Estela Lloves estrea nova peza, Sempreviva, a raíz da casa Arraiana. Será esta fin de semana: venres e sábado ás 22:00 e domingo ás 21:00.

Os procesos creativos de Lloves, longos e profundos, comportan períodos de creación extensos con resultados sempre sorprendentes e orixinais. Trátase de obras poéticas e traxectos nos que a voz e o corpo de Estela fúndense na peza e arrástran cara a unha fusión co presente. Coherente co título desta nova peza, Estela semella outorgarlle ó seu traballo o tempo necesario para enraizarse no intre. Un solo de Estela, unha hora chea de posibilidades e de portas abertas.

Estela Lloves fórmase en danza contemporánea, clásica e butoh. Estudou e traballou coas compañías: Matarile Teatro, Cía A Raia, Cía Esteoeste, Cía Andrés Corchero, Cía Mai juku, Cía Lucas Cranach, Cía El Bailadero, Cía Fernando Renjifo. Dende o 2006 traballa na súa propia compañía Cia Arraiana, onde realizou 8 pezas para escena que trenzan palabra e corpo. Nos últimos anos estableceu colaboracións con diferentes artistas e imparte clases e obradoiros de creación. En Berlín forma parte do grupo Der Körper denken (Think the body).

 

Sinopse


Publicidade

“Ser lingua, óso, insecto, tren, banco, neno, árbore, area do parque, nai, e as veces ser ti ou ela, coma un eco a acompañar calqueira movimento.
A morte continúa negociando sen pausa na pregunta ¿e non é millor competir e patria e gloria e tatatá?
No marco dunha porta sen casa a nena-vello chama, resposta o golpe, cae o debuxo ó chan e deixa no seu lugar un burato escuro onde non se ve o final. Ela frega como tódolos días o mesmo compromiso, aspira unha renuncia e outras dúas máis que atopa embaixo da cama, cósese uns ollos nas prantas dos pes e entra no burato da parede.
Dentro, detrás do son, un silencio vivo reúneo todo. A nai bótase area sobre a cabeza e ri. Na língoa o neno xoga a ser nai. Os traballadores séntanse nunha mañán de árbore e un tren de insectos pasa o lado dun banco de ósos.”

 

Ficha artística

Estela Lloves. Música: Hada Benedito. Colaboración: Mónica Valenciano e Geni Iglesias. Apoios: Agadic, Residencias Paraíso e Xunta de Galicia. Residencias: Teatro Ensalle e Zeller Kultur, Radolfzell (Alemaña). Iluminación: Antón Ferreiro e Thomas Toutain. Coreografía: E. Lloves.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

telontui |

O Teatro Principal de Tui xa é propiedade municipal

mercedes castro |

Tres xornadas de “experiencias teatrais” en Lugo da man de Achádego Teatro