in

Argh!

arrieta |

A fisonomía onírica do movemento

| Afonso Becerra de Becerreá |

arrieta

 

Argh! é un xesto, unha interxección, un micromovemento deses dos que se compón a vida, a humana e mesmo a vexetal ou a animal.

Argh! é un trazo no aire.

Publicidade

Argh! é unha onda que xorde e se expande no espazo e esmorece, tal cal a vida.

Argh! é inmanencia.

Argh! é agora.

Argh! é a conxugación, a declinación, o xeito… do agora.

Argh! é o espazo, a espacialización, do agora.

Certamente, como di Blanca Arrieta no programa de man, “todo comeza cun suspiro e tamén semella querer rematar con outro.”

Velaí o xesto respiratorio que funda a nosa concepción rítmica do tempo. Un xesto que Blanca Arrieta coreografía xunto a Pilar Andrés e Robert Jackson.

Coreografía na que intervén o xesto respiratorio desde posicións de letarxia ata actitudes de espertar. Soliloquios xestuais feitos de autoadaptadores danzados que evolúen a diálogos xestuais na distancia ou no contacto.

Pilar Andrés e Robert Jackson neutralizan a expectación do público levándonos cara á contemplación deses corpos que dilúen a percepción da fisonomía antropomorfa en favor dunha percepción do movemento puro e das súas calidades.

Publicidade

Os escuros e as atmosferas lumínicas, xunto ao tempus do movemento e ao espazo sonoro abstracto, xeran cadros oníricos.

A estrutura antropomórfica da actriz e do actor bailaríns semella esfarelarse e adquirir o perfil de enerxías motrices que evocan o tránsito dos fluídos, as inflexións vexetais, os movementos animais, o asubío das follas.

 

Argh! de Blanca Arrieta
Actuación: Pilar Andrés e Robert Jackson
Dirección: Blanca Arrieta
Música orixinal: Itziar Madariaga
Deseño de iluminación: Oscar Grijalba
Espazo escénico: Marc Cano
Produción e distribución: Mauma Kultur Elkartea

Festival Catropezas 14. Teatro Ensalle de Vigo, 21 de novembro de 2014.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

barbecho |

Barbecho

eurozone |

Eurozone