
A erregueté recibe o Premio da Crítica de Galicia 2021 polo número 100 da publicación
O Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas recaeu este ano na erregueté | Revista Galega de Teatro. Un galardón outorgado á edición do número 100 da publicación que supuxo un fito importante na historia da revista.