El buen hijo

El buen hijo

Non é nada doado achegarse a este texto e propoñer unha versión que fuxa dos clixés e dos prexuízos. A mostra que nos presenta Territorio Violeta, a través dos ollos de Cecilia Geijo (unha das creadoras de La Pitbull Teatro), é un exemplo: dende o primeiro momento ofrécensenos uns personaxes nos que sabemos (ou adiviñamos e logo certificamos) que o bo é bo e o malo, malo. Para min, esta é a maior eiva da proposta, xa que malia que se nos ofrezan os traumas dun home que non acepta o seu papel de agresor, ou a falta de coidado dunha muller, por despiste ou exceso de confianza (nela mesma, no sistema que debería tela protexido, no mesmo agresor que logo tentará violala), a peza non ofrece dobreces, non hai claroscuros nos que adiviñar as contradicións dos personaxes, nos que atopar unha dimensión humana de dúbida, pracer ou sadismo.

Vigocultura presenta a programación do primeiro semestre 2020

A programación de artes escénicas Vigocultura para o primeiro semestre de 2020 contará con 24 compañías que presentarán 77 funcións de espectáculos de rúa, monicreques, teatro, danza, maxia e circo.  Entres os meses de febreiro e abril, o Auditorio acollerá cada venres espectáculos para adultos de compañías galegas como Contraproducións, Sarabela, Malasombra, Marelas Producións, Ibuprofeno […]