in

AveLina Pérez estrea ‘Deixa de tocala, Sam’ no Teatro Ensalle de Vigo

O Teatro Ensalle de Vigo remata o ano coa xuntanza en escena de dous creadores moi singulares: , actriz e dramaturga que xa coñecemos en Ensalle e , pianista que estará por primeira vez na sala. A calidade e sensibilidade musical de Velpister será unha sorpresa para algún dos espectadores da sala, mentres que o humor acedo de AveLina Pérez xa é coñecido.

Dende o seu debut no IV Programa Vigo en Bruto AveLina Pérez espertou o interese do público da sala polo seu teatro cheo de contido e crítica non carente de moito sentido do humor. O seu traballo escénico, expón textos cunha multiplicidade de rexistros e a constancia dunha muller cunha fertilidade creativa moi por enriba do normal.

Autora de obras como Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, Os cans non comprenden a Kandinsky (editado pola erregueté), ou Ás oito da tarde, cando morren as nais –obra gañadora do último Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais–, tamén está vinculada ao teatro social, como dramaturga, directora e actriz de teatro. Participou na creación da compañía Teatro do Lume e as súas obras foron galardoadas en diversos certames, entre eles o Premio Abrente, o Premio da Audiencia do Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural, ou o I Torneo Dramatúrxico de Galicia.

PUBLICIDADE

Os días 7 (22:00h), 8 (22:00h) e 9 (21:00), o Teatro Ensalle estrea Deixa de tocala, Sam. “Teatro de salón” coa marabillosa decadencia de AveLina Pérez e Velpister. O punto de partida desta creación ten lugar hoxe, agora, cando os referentes se esnaquizan contra o chan, nun golpe seco, e os varredores de lixo recollen o lixo nas bolsas para o lixo. Cando o príncipe de Dinamarca xa non nos salva.

 

Ficha artística

PUBLICIDADE

Dirección escénica e : AveLina Pérez.
Dirección musical: Velpister.
Elenco: AveLina Pérez e Velpister.
Iluminación: Daniel Casquero.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    logoaaag cor

    A AAAG denuncia a “deriva de esmorecemento do CDG”

    Casquería

    Xerpo Cultural chega ao Salón Teatro de Compostela con ‘Casquería e outras vísceras’