in

No confín de… Fernando Epelde

Fernando Epelde03 |
Fernando Epelde é dramaturgo e músico. Vén de presentar a ópera A amnesia de Clío, con música de Fernando Buíde –unha produción de Voadora, unha compañía coa que adoita colaborar– e prepara a saída de Todo es ficción, o último traballo do seu grupo Chisme. | Foto: Pablo Zapata |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Sempre teño estes dous libros na mesa de noite: Océano de sonido e Resonancia siniestra de David Toop (editados por Caja Negra). Son fundamentais para o meu traballo porque afondan na dimensión sonora do oínte.

Ambos están escritos por un músico underground e investigador sonoro, e son unha colección de ensaios, moi persoais e poéticos, que abren pensamentos laterais á creación dos que traballamos co intanxible.

A túa banda sonora destes días.

Estou a estudar, por necesidades de traballo, música do teatro kabuki. Tamén vellas bandas sonoras de cinema xaponés coma Sonezaki Shinjū (Os amantes suicidas de Sonezaki) do dramaturgo Chikamatsu Monzaemon, Suna no Onna (A muller da area) de Hiroshi Teshigahara ou Travelling Actors de Mikio Naruse.

O último filme que te impresionou.

Quizais Honeyland de Ljubomir Stefanov & Tamara Kotevska. É unha proposta que mestura elementos que van desde o cinema experimental a aspectos documentais.

O filme impresionoume á maneira dalgúns filmes de Werner Herzog, pola salvaxe pegada da vida que existe nos seus fotogramas.


Publicidade

A obra de arte na que te perderías agora.

Estou perdido no traballo para cinema de Daniel Lopatin, o músico tamén coñecido na súa faceta de artista electrónico como Oneohtrix Point Never. Penso que a súa aproximación ao mundo da banda sonora permite grandes doses de feliz desorientación e moitas lecturas extraídas de cada escoita.

A peza que che gustaría asinar.

Non traballo moito deste xeito. Normalmente comezo proxectos intuitivamente e non teño un obxectivo tan claro.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Angela Davis.

Se non foses dramaturgo e músico de escena, serías…

Corredor de maratón.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OpenLetterToEU |

Un eurodeputado do Partido Verde solicita da Comisión a defensa do sector cultural

RuinasTeatro |

Presentan 52 medidas extraordinarias para as artes escénicas e musicais