in

Presentan 52 medidas extraordinarias para as artes escénicas e musicais

RuinasTeatro |
As asociacións galegas están presentes a través das federacións estatais Conarte, FAETEDA ou UNIMA, entre outras.

 

Máis de trinta asociacións profesionais das artes escénicas e musicais do estado, coordinadas pola Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública lanzan un documento conxunto de medidas extraordinarias para afrontar a crise provocada pola pandemia do coronavirus. As entidades asinantes levan semanas analizando a situación e alertan hoxe de que no conxunto do estado se suspenderán máis de 30.000 funcións e concertos entre marzo e maio, o cal suporá unhas perdas superiores de 130 millóns. Neste senso, o comunicado conxunto lembra que estamos a falar dun sector que “aínda non se recuperou economicamente do impacto da crise de 2008” e que boa parte da produción se sitúa en mans de pequenas empresas, colectivos e autónomos para os que a marxe de beneficio é un desiderátum inalcanzable e, ademais, os recursos financeiros do conxunto do sector son moi pequenos”.

As entidades asinantes piden neste comunicado un plan de choque, con medidas audaces e extraordinarias que reclaman non só a protección do tecido empresarial e creativo, senón tamén que se desenvolvan accións en materia laboral para os e as traballadoras dos ámbitos das artes escénicas e musicais. Neste senso, compre lembrar que na actualidade os pasos que se están a dar en material laboral para adaptarse a a situación actual de emerxencia amosan unha insuficiente adaptación ás singularidades do sector das artes ao vivo. Por todas estas consideracións, as 32 entidades asinantes do comunicado entregarán o luns un documento conxunto, desenvolvido a través de mesas de traballo realizadas nas últimas semanas dende as diferentes asociacións e dende diferentes puntos do estado, ao Consello Estatal do Ministerio de Cultura.

Baixo o título de “52 medidas extraordinarias para afrontar las consecuencias de la crisis sanitaria provocada por el Covid-19 en el sector de las artes escénicas y la música”, o documento recolle propostas urxentes nos seguintes ámbitos: contratación públicas, laborais e relacionadas coa seguridade social, financiamento social, materia impositiva, subvencións públicas, financiamento empresarial ou fomento da cultura.

O documento completo pódese consultar aquí.

 

As entidades asinantes son:

AAT( Asociación de Autoras y Autores Teatrales)

ADE ( Asociación de Directores de Escena de España)

ADGAE (Asociación de Empresas de Distribución y Gestión de Artes Escénicas)

AECC (Asociación de Empresas de Circo de Creación)

AMPOS (Asociación de Músicos Profesionales de Orquestas Sinfónicas)

APDCM (Asociación de Profesionales de la Danza de la Comunidad de Madrid)

APM (Asociación de Promotores Musicales)

ARTE (Asociación de técnicos del Espectáculo )

ASOCIACIÓN DE FESTIVALES FLAMENCOS

ASSITEJ España( Asociación de Teatro para la Infancia y la Juventud)

CIRCORED (Federación Estatal de Asociaciones de Profesionales del Circo) -Asociación de Profesionais de Circo de Galicia

COFAE (Coordinadora de Ferias de Artes Escénicas del Estado Español)

CONARTE (Confederación de Artistas Trabajadores del Espectáculo) – Asociación de Actores e Actrices de Galicia


Publicidade

ES-MÚSICA( Federación de la Música de España)

FAETEDA (Federación Estatal de Asociaciones de Empresas de Teatro y Danza ) – Escena Galega

FEAGC (Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales)

FECED (Federación Estatal de Compañías y Empresas de Danza)

FEMA ( Federación de Músicos Asociados)

FESTCLÁSICA (Asociación Española de Festivales de Música Clásica)

FMA (Asociación de Festivales de Música)

GEMA (Asociación Española de Grupos de Música Antigua)

LA RED (Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública)

ÓPERA XXI (Asociación de Teatros, Festivales y Temporadas de Ópera)

PATEA (Asociación de Profesionales de Artes de Calle)

PLATAFORMA ESTATAL POR LA MÚSICA

PLATAFORMA JAZZ ESPAÑA

PROMUSICAE (Productores de Música de España)

RED DE TEATROS ALTERNATIVOS

TE-VEO (Asociación Te-Veo de Teatro para Niños y Jóvenes)

TTP ( Asociación profesional de teatro para todos los públicos)

UNIMA: Federación España: Unión Internacional de la Marioneta – UNIMA Galicia

UNIÓN DE ACTORES Y ACTRICES

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fernando Epelde03 |

No confín de… Fernando Epelde

Quico Cadaval

No confín de… Quico Cadaval