Cristal Lázare
Cristal Lázare naceu en Vigo en 1985. Desde moi pequena soubo que quería ser actriz impulsada pola súa paixón polo teatro, o cine e as arte en xeral. Empezou a formarse como actriz de dobraxe na Escola de Dobraxe de Barcelona no ano 2007 e formalizou a súa paixón pola interpretación titulándose en Arte Dramática pola ESAD de Galicia no 2013. Tras participar en diferentes proxectos teatrais, entrou a formar parte do elenco da serie infantil Os Bolechas da TVG, traballo que compaxinou coa dobraxe. Co tempo decidiu entregarse por completo a esta última disciplina. Na actualidade cursa o mestrado de Literatura Dramática, Música e Artes Escénicas da Universidade de Vigo (co propósito de poder realizar un doutoramento no ámbito das artes).


