Só un home bo de Raúl Dans

Só un home bo

Lendo o título que Raúl Dans escolle para o seu texto, e despois de ter lido tamén a propia peza, cabe preguntarse onde é que está o “home bo” ao que fai referencia, ou mesmo se é que hai algún home bo agochado entre as súas cadeas de palabras. Pois na maneira de compoñelo, o tal título semella querer trasladar a idea de que alguén, despois de todo, ou malia todo, non deixa de ser unha boa persoa.