erregueté | Revista Galega de Teatro

Os artigos sobre Tag: Premio Xograresa de Outono 2021

Casilda Alfaro

Casilda Alfaro xa é ‘Xograresa de Outono’ do FIOT de Carballo

A actriz e membro do consello editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro, Casilda Alfaro, recolleu onte, no Pazo da Cultura de Carballo, o Premio ‘Xograresa de Outono 2021’ do FIOT. Segundo o festival carballés, Alfaro é “unha das grandes traballadoras das artes escénicas en Galicia, impulsora de numerosas producións e fundadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)”. Con este nomeamento honorífico, o FIOT valora “a súa gran calidade como intérprete e o seu forte compromiso empresarial no sector das artes escénicas no noso país”.

FIOT

O outono carballés énchese de teatro co inicio do FIOT

A trixésima edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) decorrerá entre o 24 de setembro e o 29 de outubro na vila coruñesa. Os bonos do Programa de Sala do FIOT30 poderán adquirirse en Ataquilla.com a partir do martes 28 de setembro ás 10.00 h. 

Recibe a túa revista en papel Erregueté na casa

Subscríbete e recibe ao ano dous números da revista + dous libros