
O CDG e Ainé inician os ensaios de ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’
Baixo a dirección de Tito Asorey, o espectáculo ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ ofrecerá un percorrido lúdico, crítico e musical polo mundo do fútbol, cun elenco formado por Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Sergio Zearreta.