O teatro de Xohana Torres estableceu paralelismos co da súa época. A súa estética decantouse cara a un culturalismo arrimado a unha fonda compoñente política. E nesa fusión entre a linguaxe elevada e o contido crítico reside grande parte da súa forza. Engaiolarte reedita dúas pezas da autora ferrolá: A outra banda do Íberr e Un hotel de primeira sobre o río.
Etiqueta: Alvaro Cunqueiro
A CRTVG adaptará á televisión as ‘Crónicas do Paraíso’ de Sarabela Teatro
A obra, unha adaptación das Crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro, está interpretada por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fina Calleja e Sabela Gago, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro. Luís Avilés dirixirá a adaptación á televisión.. A adaptación a televisión da obra de teatro Crónicas do paraíso, de Sarabela Teatro en colaboración coa produtora Ollovivo, é o […]
Sarabela estrea ‘Crónicas do Paraíso’, unha inmersión no universo cunqueiriano
Sarabela Teatro estrea esta fin de semana, no Auditorio do Concello de Ourense, a súa nova montaxe, Crónicas do Paraíso, con dúas sesións: o sábado 21, ás 21:00 e domingo 22 ás 20:00. Crónicas do paraíso é unha versión libre de As Crónicas do Sochantre de Álvaro Cunqueiro. A trama orixinal de Cunqueiro serve para […]