in

A CRTVG adaptará á televisión as ‘Crónicas do Paraíso’ de Sarabela Teatro

Cronicas Do Paraiso | Sarabela
A obra, unha adaptación das Crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro, está interpretada por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fina Calleja e Sabela Gago, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro. Luís Avilés dirixirá a adaptación á televisión..

 

A adaptación a televisión da obra de teatro Crónicas do paraíso, de Sarabela Teatro en colaboración coa produtora Ollovivo, é o proxecto seleccionado pola CRTVG no marco das súas medidas extraordinarias de apoio ao sector audiovisual e creativo galego, neste caso para compañías e produtoras teatrais.

Crónicas do paraíso’ é unha versión libre da obra As crónicas do Sochantre, do escritor Álvaro Cunqueiro. Baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, a obra está interpretada por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fina Calleja e Sabela Gago e será emitida pola Televisión de Galicia. Luís Avilés será o realizador televisivo da versión da CGTVG. A montaxe da veterana compañía de Ourense brindará, ademais, a oportunidade de achegar ao gran público o universo máxico de Cunqueiro nunha faixa horaria de gran consumo televisivo.


Publicidade

O prazo para a recepción de propostas pechouse en maio, co rexistro de 20 proxectos de diversas temáticas e xéneros. A comisión de análise e avaliación da CRTVG destacou a súa variedade e orixinalidade, xa que abranguen desde espectáculos de perfomance máis innovadores ata adaptacións dos grandes clásicos do teatro ou proxectos con monicreques enfocados ao público infantil e familiar. O enfoque prioritario, segundo a CRTVG, foi seleccionar unha proposta con temática apta para un público xeneralista que se puidese producir con técnica narrativa televisiva e que contase con profesionais con experiencia nese mesmo medio.

 

Esta noticia foi redixida o 8 de xuño de 2020 para aclarar que o director da montaxe de Sarabela é Gonçalo Guerreiro. Na anterior redacción, podía entenderse que o director era Luís Avilés, que é , en realidade, o responsable da adaptación á televisión da montaxe de Sarabela.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Almada |

A 37ª edición do Festival de Almada celebrarase do 3 ao 26 de xullo

Javier Martín

No confín de… Javier Martín