Ana Abad de Larriva

Ana Abad de Larriva gaña o primeiro Certame de Microteatro da Memoria

Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora “Un biolo na noite”, peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou “o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo”. Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e “o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente”.

Comunicado da AAAG reivindicando o inxente labor do programa Diario Cultural

A AAAG solicita aos responsables da Radio Galega que recapaciten, recúen nesta inxustificable decisión, conserven o Diario Cultural e aposten verdadeiramente pola visibilidade da nosa cultura, obriga do ente público que está lonxe de cumprirse   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a meirande parte dos profesionais da […]