erregueté | Revista Galega de Teatro

Os artigos sobre Tag: Edicións Laiovento

Falece Francisco Pillado Mayor

Falece Francisco Pillado Mayor, figura clave na dignificación do teatro galego

A súa maior achega foi o apoio a autores galegos mediante a edición dos seus textos en Edicións Laiovento. Dirixiu a editorial, creada en 1991 xunto con Xosé Manuel Beiras, Pepe Carreiro, Couceiro, González Millares e Afonso Ribas, ata o ano 2014. A intensa dedicación a esta tarefa fixeron de Laiovento unha editorial de referencia, que publicou un amplo número de obras de ensaio, narrativa e teatro que, ben seguro, nunca terían visto a luz.

Alborada de Edipo de Xesús Pisón

Alborada de Edipo

Alborada de Edipo, de Xesús Pisón, é un volume moi interesante, que ten a virtude de dar que pensar e dar que falar (ou escribir), e nesa dirección cumpre coa finalidade formulada na súa contracapa, ao destacar a “ansia de procura, de encontro e de debate”. En efecto, un traballo que revolve, por dentro e por fóra, pois desafía, procura confrontación. Contra a indiferenza.

Ímoste botar moito de menos, Pazos!

Ímoste botar moito de menos, Pazos!

Non me gusta nada escribir obituarios, acho que ás persoas hai que quererlles de vivas e que debemos homenaxearnos todo canto poidamos mentres esteamos vivos. Penso que Xosé Manuel Pazos tamén era así, un home de moito traballar, pero tamén de moito desfrutar. Estar con el era, en certo sentido, incluso nunha reunión de traballo, unha festa. Porque era un tipo divertido, sen poses nin engolamentos.

Recibe a túa revista en papel Erregueté na casa

Subscríbete e recibe ao ano dous números da revista + dous libros