Falamos con Fernando Jorge Lopes, actor, director artístico e membro fundador de Teatro Extremo. Esta compañía nacida na cidade de Almada en 1994 dirixe os seus espectáculos ás novas xeracións e á familia baixo as coordenadas dun humor crítico e reflexivo. Como compañía residente garante desde 2015 a programación do Teatro-Estúdio António Assunção e é responsábel de Sementes-Mostra Internacional de Artes para o Pequeno Público.
Etiqueta: Fondo Teatral María Casares
Xosé Manuel Pazos Varela: mestre, político e amador do teatro
Político, mestre e namorado do teatro. Xosé Manuel Pazos Varela foi unha peza crucial na evolución socioteatral en Cangas do Morrazo coa fundación da MITCF, a creación do Fondo Teatral María Casares ou a construción do Auditorio Municipal.
A erregueté presenta o número 99
A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.
O Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo celebra a súa novena edición
| Foto: Incendios, da Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas, un dos doce colectivos participantes. Iago Costas | O Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR) prepara a súa novena edición que se desenvolverá todos os martes entre o 3 de abril e o 12 de xuño no Auditorio Municipal de Cangas. Organizado pola […]