
Convocado o XX Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais
Os obxectivos principais do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais son incentivar a escrita dramática en galego a través da edición da peza gañadora, así como garantir a súa montaxe profesional por medio dun concurso público aberto para calquera compañía teatral de Galicia.