
Queimado
Non é fácil escribir un artigo de opinión sobre artes escénicas cando se sente unha certa angustia e o ar cheira a fume. Arden as paisaxes que me constitúen desde a infancia e tamén eu fico queimado.
Non é fácil escribir un artigo de opinión sobre artes escénicas cando se sente unha certa angustia e o ar cheira a fume. Arden as paisaxes que me constitúen desde a infancia e tamén eu fico queimado.
Do 15 ao 24 de xullo, a MIT de Ribadavia porá no centro a escena máis innovadora, con estreas de espectáculos multidisplinares e de gran formato que deixan atrás a pandemia da COVID.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou onte, na súa páxina web, a Resolución do 4 de outubro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral na temporada 2021-2022 a partir da dramaturxia elaborada dentro da bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego. A peza, Relato para un incendio, do dramaturgo e membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, Ernesto Is, está dispoñible para consultar en liña ata a fin do prazo de presentación de propostas recollido nas bases.
A Bolsa de Dramaturxia e Creación da AGADIC pretende favorecer a produción de dramaturxia galega contemporánea, impulsar a creación de espectadores para a dramaturxia galega, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, a busca da excelencia nos produtos culturais galegos. ‘Relato para un incendio’, o proxecto de Ernesto Is seleccionado nesta primeira convocatoria, desenvolverase nunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG).
Subscríbete e recibe ao ano dous números da revista + dous libros