erregueté | Revista Galega de Teatro

Os artigos sobre Tag: Vello Cárcere Lugo

Residencias Paraíso

As Residencias Paraíso 2021 acollerán oito proxectos de artes vivas

As Residencias Paraíso do Colectivo RPM veñen de seleccionar as artistas que participarán este ano no programa. Dentro dun contexto de enorme vulnerabilidade provocada pola crise sanitaria, en palabras da organización, as Residencias Paraíso chegan á súa quinta edición.

Residencias Paraíso 2021

O Colectivo RPM convoca unha nova edición das Residencias Paraíso

As Residencias Paraíso, convocadas polo Colectivo RPM, pretenden fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. Normalizar o concepto de residencia artística resulta fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia, significa atender e respectar o espazo e o tempo adicado á investigación artística, o verdadeiro xerme de todo o que virá.

Mapa | Colectivo Glovo

Mapa

O público aplaude intensamente. A escena, os aplausos, repítense, si, coma se a potencia dun corpo que danza espertase a nosa, coma se a nosa man tocase o aire coa man de Hugo. Coma se esa ave que formaron entre os dous axitase as ás para mover algo dentro de nós, coma se só o corpo puidese facelo: desenrolar o espazo.

Colectivo Glovo

Xornadas de danza en Lugo

21 de decembro (de 17 a 19 h.): Obradoiro do Colectivo Glovo. Na sala de danza e teatro da USC, para todos os públicos, cun máximo de 10 participantes. Reserva de praza no correo [email protected]

22 de decembro: mostra aberta “Fin de residencia artística de MAPA” do Colectivo Glovo. Patio do Vello Cárcere. Para todos os públicos e con reserva de praza no teléfono 982 29 7195 ou no correo [email protected]

Quitamiedos | Kulunka

Camiño Escena Norte regresa con oito funcións en Galicia

Do 13 de setembro ao 11 de outubro o proxecto Camiño Escena Norte regresa cunha segunda edición co obxectivo de fomentar o intercambio cultural e escénico entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.  Oito funcións e seis espectáculos chegados das autonomías

Recibe a túa revista en papel Erregueté na casa

Subscríbete e recibe ao ano dous números da revista + dous libros