Rede Cultural Coruña

A área de Cultura da Deputación da Coruña incrementa o orzamento destinado ás artes ao vivo

“A Rede Cultural da Deputación da Coruña é o máis sólido circuíto no territorio e, como non podería ser doutro xeito, nesta nova edición, convocada xa na pandemia, adáptanse as bases á nova situación provocada pola COVID-19, ampliando o tempo de programación e reforzando de maneira especial o orzamento destinado a cultura profesional nun momento de especial relevancia para o mantemento das empresas e o emprego no sector”, sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.