Home

Home: A Place Within

En Home: A Place Within de Ana Beatriz Pérez xunto coa Hedwig Dances de Chicago, a concepción poética e íntima, tamén lúdica, na coreografía, sumada á singularidade dos corpos e dos espazos, así como a montaxe e edición de vídeo, realizadas por Armando Martén, coa asistencia de Jacob Buerger, xeraron unha peza que nos libera dos efectismos e intrigas de guión das series de ficción e que, no entanto, nos mete en casa allea, para sentir a fascinación ante o fogar como fonte de movemento e expresión inefábeis.

Cuarta edición de “Mulleres en Acción. Violencia Zero”

A cuarta edición do programa Mulleres en acción. Violencia Zero da Deputación de Pontevedra, comezou o pasado sábado 23 de novembro en Vigo, coa performance Nosotras de Nieves Correa. O programa continuará hoxe, 26 de novembro, na Praza da Peregrina de Pontevedra, ás 12:00 h, a través da acción escénica Amor de Helen Bertels, creadora, actriz, autora e […]

As coproducións do CDG e o teatro infantil protagonizan a oferta do Salón Teatro

Arnoia Arnoia. O circo da casa pequena, espectáculo da compañía de circo Pistacatro coproducido co Centro Dramático Galego (CDG), ofrecerá hoxe e mañá, ás 20,30 h., as súas dúas últimas funcións no Salón Teatro de Santiago. A montaxe dirixida por Quico Cadaval a partir da obra de Xosé Luis Méndez Ferrín é a primeira das […]

Volve o Primavera enDanza de Carballo

Sete espectáculos de sala, un obradoiro de danza contemporánea, encontros entre público e artistas, actuacións ao aire libre e unha oferta de actividades complementarias integran un dos programas máis extensos da Primavera enDanza, unha coidada selección dos mellores espectáculos nacionais que nos achegan á danza contemporánea. “É un dos escasísimos festivais de danza e o […]