Matar a Grotowski | Roi Vidal Ponte | Ao entrarmos na Casa das Artes de Vigo, o primeiro que nos topamos é unha exposición que reflexiona sobre o misterio dos petróglifos na que se mostra o paralelismo entre estes e as conexións neuronais do cerebro humano. Desde ese momento o concepto de conexión […]
Etiqueta: Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo
Ensaio Amor
Que é o amor? Afonso Becerra de Becerreá Que é o amor? Cadaquén responde a esta pregunta con actos que lle dan forma. A pregunta e o tema semellan desgastados, porén a súa actualización escénica pode anovalos na performance dos corpos e das relacións que institúen. Ensaio amor de Nuria Sotelo ponnos diante […]
El agitador Vórtex
Cine de andar polo teatro | Camilo Franco | Non hai narración sen trampa. Podemos chamarlle oficio, saber, inspiración ou profesionalismo. Todo ten o seu método, todo método marca estilo e, sobre todo, todo método é violentable. Cristina Blanco violenta os métodos do cine (ou do audiovisual por ser inclusivos) pola vía da parodia. Pola […]
NOT Never on Time
Fotograma conxelado | Manuel Xestoso | Os creadores de NOT Never on Time denominan o seu espectáculo “filme escénico” porque a narración se apoia en recursos visuais, fundamentalmente proxeccións de fotografías que funcionan como comentario, como reforzo ou como explicación do que sucede na escena. Ás veces, estas proxeccións cargan co contido narrativo que non […]
Exposición danzada
Danza aplicada | Camilo Franco | Entre comicios, promesas de comicios, xustificación dos comicios, das promesas dos comicios, dos movementos para presentarse ou non aos comicios, de todo o que foi e será dito antes e despois dos comicios, andamos un pouco sobrados de palabrería retórica e un pouco escasos de explicacións. Das de verdade, […]
Paus e pétalas
Eloxio do amor | Manuel Xestoso | O filósofo Alain Badiou considera o amor un “proceso de verdade” que nos ensina a experimentar o mundo dende a diferencia. Trátase daquela dun inicio de revolución, da instauración dunha pequena república de dous que serve para probar o falsa que resulta a mensaxe –sospeitosamente repetida– de que […]