Estrela do día é unha experiencia para que o público recupere a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel. Con dirección de Marcos PTT Carballido, dramaturxia de Quico Cadaval, e as interpretacións de Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez, o novo espectáculo de Excéntricas preséntase o sábado 27 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Etiqueta: Víctor Mosqueira
Medida x Medida
A montaxe de Excéntricas teno todo para triunfar: unha produción coidada, un elenco excelente e preparado, unha intelixente disposición de accións cómicas e físicas herdadas do circo e da Commedia dell’Arte (executadas por un Víctor Mosqueira con aire a Charlot), mesturadas co que poderiamos denominar “typical TVG comedy act” (onde reina a actriz Patricia Vázquez) e áxiles cambios de personaxes para os actores e actrices, unha estudada posta en escena con xogos de espazo a través dunhas reixas versátiles, un estupendo manexo da iluminación (deseñada por Dani Juncal) e a combinación de números musicais (teño que salientar a fermosa voz de María Costas, por certo, unha Mariana doce e delicada), onde todos participan.
Volta e Dálle presenta en Compostela ‘Falar por Falar’
Os vindeiros 11 e 12 de xullo, ás 20:30, a compañía Volta e Dálle presentará no Teatro Principal de Compostela Falar por falar, o seu último espectáculo, agora con Víctor Mosqueira en substitución de Pepe Penabade. Falar por Falar é o novo espectáculo teatral da compañía Volta e Dálle e nel un actor do […]
PT Excéntricas chega ao Salón Teatro de Compostela con ‘Cartoóns’
Esta coprodución con Teatro de Adro poderá verse do 30 de outubro ao 3 de novembro no Salón Teatro, onde ofrecerá dous pases matinais para escolares e catro funcións xerais. Producións Teatrais Excéntricas chega esta semana ao Salón Teatro de Compostela para ofrecer cinco días de representacións do seu espectáculo Cartoóns, que supón a […]