Carlos Alonso

Carlos Alonso: “Quen se dedica a poñer en pé espectáculos sobre o que nos rodea ten que desenvolver un sentido absoluto da observación”

Escenógrafo e vestiarista de ampla traxectoria, Carlos Alonso é ante todo un creador de ambientes para a escena e para a vida. O creador vigués recibiu neste 2020 o Xograr de Outono no marco do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo. Aproveitamos a ocasión para coñecer un pouco máis sobre a súa forma de entender o oficio.