O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorgou este 2022 o premio Xograr de Outono a Evaristo Calvo. O actor recibe este galardón do FIOT de Carballo que pretende salientar a traxectoria de profesionais das artes escénicas galegas co recoñecemento de figuras imprescindibles do sector de xeito anual.
O premio vén acompañado da estrea absoluta de ‘Pirolíticos’, co que FIOT celebra os 30 anos de Mofa e Befa coa exposición ‘Trinta anos de Mofa e Befa’, que percorre as tres décadas de traxectoria sobre os escenarios do dúo cómico conformado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. A mostra poderase visitar até o 14 de novembro na sala de exposicións do Pazo da Cultura de Carballo, no seu horario habitual de apertura o público.
A compañía contará cun mural conmemorativo deste 30º aniversario de Mofa e Befa que está a realizar o artista urbano Yoseba MP, froito da colaboración entre o FIOT e o proxecto Derrubando Muros con Pintura que impulsa a Concellería de Turismo de Carballo.
- Titiriberia celebra a súa undécima edición - 13/08/2026
- O FIOT desvela as pezas finalistas do X Certame Metro Cadrado - 11/08/2026
- Arranca a XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño - 03/08/2026


