in , ,

O Galicreques abre hoxe a programación escolar en Santiago

A programación escolar conta con 5 espectáculos de compañías galegas, uruguaias e andaluzas

Dinosaurios, O regreso dos saurios de Larei Lará
Dinosaurios, O regreso dos saurios de Larei Lará

O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde, inicia o seu programa escolar o luns 10 de outubro con cinco espectáculos de compañías procedentes de Galicia, Uruguai e Andalucía. O programa escolar conta cunha gran demanda por parte do centros de ensino e estenderase máis aló da marxe do festival, programando funcións entre o luns 17 e o mércores 19.

A Fundación SGAE recibe este luns ás 10.30 horas á compañía uruguaia Coriolis, que lle ofrecerá á cativada a obra de teatro Trapos. A peza, inédita en Europa, pon o foco nun banco da praza no que tres velliños e un can pasan o día. Ao longo desa xornada, teñen lugar unha serie de conflitos sobre os costumes de cada un, o goce das pequenas cousas, os enfados, a amizade ou a soidade.

Tamén ás 10.30 horas, no Teatro Principal, a compañía galega Larei Lará ofrecerá a súa montaxe Dinosaurios-O regreso dos Saurios, unha peza pensada para a infancia que emprega a técnica de variñas. Contará cun segundo pase tamén para o público escolar  ás 12.00 h. e un terceiro, ás 19.00 h. no mesmo recinto par ao público xeral.

Publicidade

Ás 11.30 horas, haberá dúas representacións escolares máis que se celebrarán na Carpa da Alameda e no Centro Sociocultural de Santa Marta. No primeiro recinto, Brincadeira representará Onde viven os monstros mentres que Teatro de Las Marabillas representará no segundo a súa obra El Patito Feo.

O martes ás 10.30 h, a compañía uruguaia Coriolis chegará a Fundación SGAE con Trapos, montaxe de monicreques de mesa que propón unha historia de relación de tres velliños que sentan no banco dunha praza e que comezan a vivir diferentes conflitos ao longo dunha mesma tarde.

'A barca do Inferno' da francogalega Nauta.
‘A barca do Inferno’ da francogalega Nauta.

O Teatro Principal, xa ás 12.30 h do martes, recibirá a compañía galego-francesa Nauta, que representará o seu espectáculo A barca do inferno. A obra, coproducida pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego, parte do clásico medieval Auto dá barca do inferno do portugués Gil Vicente. A historia trata da alma inocente dunha nena que vaga perdida nas profundidades acuáticas e descobre un mundo fantástico, onde as criaturas mariñas deben afrontar as consecuencias irreparables dos actos da humanidade. Unha mirada crítica e ecolóxica que volverá representarse no Teatro Principal sipara unha función para o público xeral ás 20.00 h, dentro do programa CARA BÉ.

Na carpa da Alameda

O programa da xornada do luns complétase cunha función ás 18.00 h. na Carpa da Alameda, que correrá a cargo de Teatro Marionetas La Estrella que representará a súa obra La Caperucita y otros lobos. Nesta produción, a compañía valenciana fusiona dous contos clásicos da literatura infantil: Carapuchiña e Pedro e o lobo.

O martes, a programación de tarde comezará ás 18.00 h na Alameda, da man da compañías galega Títeres Brincadeira, que representarán a adaptación aos monicreques do clásico da literatura infantil Onde viven os monstros. Media hora despois, ás 18.30 h., chegará a quenda no Centro Sociocultural de Santa Marta de Tres Tigres Teatro, compañía arxentina que neste 2022 recibe o Premio de Honra Galicreques. A formación, fundada en Córdoba en 1995, representará Los sueños de Trucas. Trátase dunha montaxe na que unha avoa conta a historia dun pintor que viviu na súa casa cando ela era nova: Trucas, un artista plástico da rúa. A peza mestura o teatro de actor coas técnica de luva e variña.

Programación luns 10 de outubro

10.30h Coriolis. «Trapos». Fundación SGAE (escolar)
10.30h Larei Lará. “Dinosauros-O regreso dos Saurios». Teatro Principal (escolar)
11.30h Títeres Brincadeira. “Onde viven os monstros». Alameda (escolar)
11.30h Teatro de Las Marvillas. “El patito feo». CSC de Santa Marta (escolar)
12.00h Larei Lará. “Dinosauros-O regreso dos Saurios». Teatro Principal (escolar)
18.00h Teatro de Marionetas la Estrella. “La Caperucita y otros lobos». Alameda
19.00h Larei Lará. “Dinosauros-O regreso dos Saurios». Teatro Principal

Programación Martes 11 de outubro

10.30h Coriolis. «Trapos». Fundación SGAE (escolar)
12.30h Nauta. “A barca do inferno». Teatro Principal (escolar)
18.00h Títeres Brincadeira. “Onde viven os monstros». Alameda
18.30h Tres Tigres. “Los sueños de Trucas». CSC de Santa Marta
20.00h Nauta. “A barca do inferno». Teatro Principal  Programación CARA BÉ

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

IMG 2359 |

Marketing, comunicación, mediación e política

Evaristo Calvo, Xograr de Outono no FIOT 2022. Foto: Vanessa Rábade17

GALERÍA | Entrega do Xograr de Outono a Evaristo Calvo no FIOT 2022