FTMC – Boletín Informativo nº 24

Abril-Maio-Xuño 2022 Ibsen, Valle Inclán, Manuel María, clásicos recreados cunha mirada contemporánea por artistas deste país. E unha aproximación, desde o teatro, para procurar o camiño da identidade, individual e colectiva, da identidade galega. Velaquí cal é o noso convite para entrar neste boletín 24 do Fondo Teatral María Casares.

FTMC – Boletín Informativo #23

Xaneiro-Febreiro-Marzo 2022 Debido a cuestións organizativas, durante este ano 2022 a periodicidade deste Boletín será trimestral. De todos os xeitos os seus obxectivos seguirán a ser os mesmos: dar conta dos fondos de libros e revistas de teatro e danza que están a disposición de todas as persoas interesadas na Biblioteca Central Pública de Cangas. […]

FTMC Boletín Informativo # 22

Novembro-decembro 2021 Nesta última entrega de 2021, facemos referencia en primeiro lugar a un volume que recolle diferentes achegas teóricas sobre un tema que coidamos de sumo interese para o futuro do teatro galego: a residencia teatral. A memoria histórica sobre o traballo xa realizado cómpre tela en conta para seguir avanzando. Recomendamos de novo […]

FTMC Boletín informativo #21 setembro-outubro 2021

Comunicámoslle a todas as persoas interesadas que a partir  deste número  vinte e un, a periodicidade do Boletín será bimensual. Abrimos con dous libros de mulleres galegas, unha dramaturga e actriz a outra, xa falecida, mais de feliz memoria no teatro galego. Nos andeis do FTMC da Biblioteca Pública de Cangas é posible atopar auténticas […]

FTMC agosto 2021

FTMC – Boletín informativo # 20

Os tres primeiros títulos que presentamos neste vixésimo  boletín son novidades absolutas que irán a engrosar o FTMC da Biblioteca Pública de Cangas. Unha mostra da continúa renovación, tanto en libros como na súa hemeroteca teatral, deste específico servizo bibliotecario. Os dous volumes seguintes, que xa formaban parte del, destacámolos sobre todo polo seu interese […]

FTMC Xullo 2021

FTMC – Boletín informativo # 19

Xullo 2021 Abrimos este boletín de verán do Fondo Teatral María Casares coa presentación de dúas obras escritas por autoras latinoamericanas e un texto teórico-práctico, sobre o traballo coa voz, dun profesor de conservatorio. Deseguido, vai un volume sobre a danza, dous ensaios sobre teatro popular e pechamos coa lembranza dunha revista de teatro de […]

FTMC Xuño 2021

FTMC – Boletín informativo # 18

Xuño 2021 Ofrecemos para este mes de xuño un saboroso e nutricio cóctel de lecturas teatrais nunha nova entrega do Fondo Teatral María Casares. Os seus ingredientes: dramaturxia galega contemporánea mesturada con contos portugueses (moi axeitados para levar ao teatro) e humor francés. Bo proveito!

FTMC Boletín de maio 2021

FTMC – Boletín informativo # 17

Maio 2021 Comezamos esta entrega do boletín de maio do Fondo Teatral María Casares, con dúas referencias ao tema “Teatro e Segunda República Española” que deixamos pendentes no anterior boletín. Deseguido, presentamos un estudo sobre Álvarez Blázquez, importante figura da cultura galega; dous textos dramáticos contemporáneos de Teatro en Vilo e Roi Vidal; e un […]

FTMC Boletín de abril 2021

FTMC – Boletín informativo # 16

Abril 2021 14 de Abril de 1931. Neste 2021 celebramos o 90 aniversario da proclamación da II República Española. Na súa memoria -e reivindicación- presentamos dúas revistas e dous libros do Fondo Teatral María Casares que fan referencia, desde diferentes perspectivas, a ese período crucial da nosa historia. Faremos, tamén, referencia a un texto en […]

FTMC - Boletín do Fondo Teatral María Casares - Marzo de 2021

FTMC – Boletín informativo # 15

Marzo 2021 Para esta primavera recomendamos que procuredes entre os andeis da Biblioteca Pública Central de Cangas, no Fondo Teatral María Casares, os seguintes libros en castelán e galego, así como unha revista en portugués.   

FTMC - Boletín do Fondo Teatral María Casares - Febreiro de 2021

FTMC – Boletín informativo # 14

Febreiro 2021 Nesta nova entrega do Fondo Teatral María Casares, presentamos catro títulos sobre as artes escénicas que se poden consultar na Biblioteca Pública Central de Cangas. Un texto en galego, O Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte; dous  2 textos en castelán, La máquina de abrazar de José Sanchis Sinisterra e Baile […]

FTMC - Boletín do Fondo Teatral María Casares - Xaneiro de 2021

FTMC – Boletín informativo # 13

Xaneiro 2021 Imos continuar neste ano 2021 coa publicación mensual deste Boletín Informativo. O seu obxectivo é duplo: por unha banda, informar sobre as novas adquisicións de libros e revistas de teatro que van enriquecendo o Fondo Teatral María Casares; mais, tamén, lembrar títulos significativos que foron conformando o FTMC ao longo dos últimos vinte […]

FTMC Boletín de decembro 2020

FTMC – Boletín informativo # 12

Decembro 2020 Rematamos o último boletín deste malfadado ano 2020, animando a visitar o FTMC que se enriquece con tres novos títulos: Malcriada, Paisajes escénicos e Violência. Ademais de salientar Unha rosa é unha rosa e Seis personajes en busca de autor, dúas obras que xa formaban parte dos máis de novecentos volumes de teatro […]

FTMC Boletín de outubro 2020

FTMC – Boletín informativo # 10

Outubro 2020 Nesta décima entrega do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas, correspondente ao mes de outubro, achegámonos aos oficios do teatro a través da obra do dramaturgo e guionista Enrique Jardiel Poncela; ás pezas do coruñés Raúl Dans, Unha corrente salvaxe e Historia dunha descoñecida, publicadas recentemente por Laiovento; á programación […]

FTMC Boletín de setembro 2020

FTMC – Boletín informativo # 9

Setembro 2020 Novena entrega do boletín do Fondo Teatral María Casares, na que descubrimos o teatro semiprofesional de Porto nas décadas dos 70 e 80; adentrámonos no universo de Antonio Piazza coa novela La actriz; coñecemos o teatro de Xosé Vázquez Pintor da man de Manuel Lourenzo; e repasamos a carreira dunha das grandes actrices […]

FTMC Boletín de agosto 2020

FTMC – Boletín informativo # 8

Agosto 2020 Seguimos informando sobre os libros e revistas de teatro que integran o Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Nesta entrega falamos dunha obra que aínda está xirando por varias zonas de la península e que axiña estará en Galicia: Rottweiler, de Guillermo Heras; do vixésimo quinto aniversario da compañía Sarabela, […]

FTMC Boletín de xullo 2020

FTMC – Boletín informativo # 7

Xullo 2020 Sétima entrega do boletín do Fondo Teatral María Casares, onde descubrimos recursos relacionados cos títeres tradicionais (Morreu o demo, acabouse a peseta con realización da Asociación Cultural Morreu o demo; co teatro afeccionado (Vinte obras de teatro afeccionado, de Pepe Peinó, con prólogo de Manuel Lourenzo e Ilustracións de Pepe Blanco; coa mecánica […]

FTMC Boletín de xuño 2020

FTMC – Boletín informativo # 6

Xuño 2020 Neste entrega do boletín presentamos recursos en galego, castelán, francés e portugués, mostra da diversidade que se pode atopar dentro do fondo. En particular falamos de A casa de Grey Gardens de Manuel Román (tradución ao galego de Antela Cid), Tadeusz KANTOR – Photographies de Caroline Rose, Fiestacultura: Revista especializada en teatro de calle y fiesta (verano 2020 […]

FTMC Boletín de maio 2020

FTMC – Boletín informativo # 5

Maio 2020 Aínda que o estado de alarma sanitaria polo Covid 19 segue vixente, nós “resistiremos” mantendo a periodicidade mensual informando sobre os libros e revistas de teatro que integran o Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Nesta entrega falamos dos Cadernos da Escola de Imaxe e Son da Coruña, da versión […]

FTMC Boletín de abril 2020

FTMC – Boletín informativo # 4

Abril 2020 Estamos xa no mes de abril e aínda estamos confinados nas nosas casas pola pandemia do Coronavirus. Mais xa se albisca o remate do túnel e mentres tanto continuamos resistindo e agardando pola vida que se agocha nos libros de teatro. Na entrega deste cuarto boletín seguimos informando dalgúns libros especialmente dedicados para […]

FTMC Boletín de marzo 2020

FTMC – Boletín informativo # 3

Marzo 2020 Publicar o número 3 deste Boletín Informativo nestes días de confinamento nas nosas casas debido a pandemia da Covid-19, é un xeito de resistencia, de afirmación da vida e de esperanza. Algún día, que non está lonxe, poderemos de novo visitar o Fondo Teatral María Casares (FTMC) da Biblioteca Pública de Cangas para […]

FTMC Boletín de febreiro 2020

FTMC – Boletín informativo # 2

Febreiro 2020 Nesta segunda entrega do Boletín Informativo continuamos recomendando algúns libros de teatro dirixidos fundamentalmente ao profesorado de ensino primario e secundario que se poderán atopar nos andeis da Biblioteca Pública Central de Cangas onde está ubicado o FTMC.

FTMC Boletín de xaneiro 2020

FTMC – Boletín informativo # 1

Xaneiro 2020 Comezamos este boletín informando sobre algúns libros de teatro que poden interesar tanto ao profesorado de ensino primario como secundario. Este nº 1 do boletín está dedicado a libros de teatro para a infancia e a mocidade porque, xa o sabemos, todo agroma nestes primeiros anos da vida. E o TEATRO, así con […]