in

Premio Maruxa Villanueva para Eduardo R. Cunha, “Tatán”

tatán1 |
[Actualizado a 8 de febreiro de 2018]

Eduardo Alberte Rodríguez Cunha ‘”Tatán” resultou gañador da edición deste ano do premio Maruxa Villanueva. Un xurado composto por Lorena Couso, Afonso Becerra, Carlos Biscainho, Comba Campoy, Inma López Silva, Roberto Pascual e a animadora social do Concello de Padrón, María Cruz Taboada Álvarez, como secretaria, deciciu outorgar esta tarde o premio ao veterano fundador da histórica compañía Tanxarina.

Segundo o criterio do xurado, “Tatán” resultou merecente do galardón pola súa “longa traxectoria e o maxisterio no teatro de obxectos”, así como pola súa contribución “á construción dun teatro de títeres galego moderno”. “A carón de Tanxarina Títeres proxectou internacionalmente a produción galega de teatro de obxectos, con especial atención á lusofonía”, destacou o xurado. Ademais, valorou “o seu traballo de base en Redondela, onde contribuíu á creación de novos públicos para o teatro a través da Mostra Internacional de Títeres de Redondela” e incidiu en que “proba de todo isto pódese atopar na Galiña Azul, o seu último espectáculo estreado en 2017”.

Dende a súa fundación en 1983, Tanxarina converteuse nun referente imprescindible do teatro de títeres dentro e fóra de Galicia, combinando a manipulación de monecos con traballo actoral, música e animacións diversas.

Tatán, ademais dun recoñecido e histórico profesional, foi o impulsor dos primeros festivais de títeres de Galicia –nomeadamente o de Redondela, do que foi director durante varios anos– e un incansable loitador pola dignificación do oficio de titiriteiro. Tamén é un precursor, no noso país, na defensa do teatro de monicreques para adultos.


Publicidade

O concello de Padrón outorga o premio Maruxa Villanueva dende o ano 2001 e, entre os gañadores, atópanse, María Barcala, Gustavo Pernas, Mónica Camaño, Luísa Merelas, Xose Manuel Olveira “Pico”, Roberto Vidal Bolaño, Susana Dans… e outros moitos referentes da escena galega.

A concelleira de Cultura e presidenta do xurado adiantou que o acto de entrega do premio levarase a cabo no mes de novembro en Padrón, coincidindo coa apertura da programación do Outono Cultural.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

titerentroido |

Os contos tradicionais cítanse en Titerentroido

CamiñoSantiago |

Aberta a inscrición de espectáculos para o VI Cultura no Camiño