O Museo Galego da Marioneta pechara en maio de 2019, despois de varias declaracións cruzadas entre a compañía Viravolta Títeres e o Concello de Lalín. Agora, a Biblioteca da USC garante a conservación e difusión destes documentos. A compañía Viravolta títeres fixo entrega das coleccións de carteis e folletos que formaron parte da Biblioteca do […]
Etiqueta: Museo Galego da Marioneta
A Academia Galega de Teatro esixe a continuidade do Museo Galego da Marioneta
A Academia Galega de Teatro vén de facer público un manifesto no que mostra a súa repulsa ao recente anuncio de que o Museo Galego da Marioneta pecharía as súas portas a causa dos atrancos legais que impiden que adquira unha entidade xurídica propia. A Academia subliña a importancia histórica e cultural da colección e […]
O Museo da Marioneta pecha polos incumprimentos do Concello de Lalín
Viravolta reúne á prensa para explicar as razóns da desaparición do centro e achácalle ao Concello de Lalín demoras nos prazos, incumprimentos e falta de comunicación que en nada axudaron para a supervivencia do Museo. O Museo Galego da Marioneta pecha pola fartura que provoca bater coa realidade burocrática, pola demora institucional para outorgarlle […]
O Concello de Lalín confía en manter aberto o Museo Galego da Marioneta
A concelleira de Cultura de Lalín, Lara Rodríguez Peña, laiouse onte polo comunicado dos compoñentes da compañía Viravolta no que puñan fin ao proxecto do Museo Galego da Marioneta, pola falta de compromiso das institucións en consolidar o proxecto. Rodríguez Peña lamentou a conxuntura mais mostrou a súa “máxima confianza en que a situación sexa […]
Pecha o Museo da Marioneta de Lalín
Un comunicado a través das redes anunciaba onte a fin dun proxecto que non conseguiu cobertura legal para consolidarse, malia a vontade das partes por institucionalizar o Museo. | Manuel Xestoso | Tras dezaoito anos de actividade, o Museo da Marioneta de Lalín anunciou onte o seu peche. A exposición “Marionetas do mundo. Un mundo […]