Revista Galega de Teatro

Publicidade

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

Fondo Teatral María Casares (FTMC)

O Fondo Teatral María Casares está integrado na Biblioteca Pública de Cangas do Morrazo (Praza de San Xoán nº 10) e é o resultado dun convenio impulsado por Xosé Manuel Pazos Varela e asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da erregueté | Revista Galega de Teatro e a Compañía Teatro de Ningures.

Formado inicialmente pola cesión de fondos bibliográficos e diversas coleccións de revistas especializadas destas dúas entidades vaise enriquecendo progresivamente grazas ás continuas achegas de libros e revistas que, recibidas na redacción, se reseñan na erregueté | Revista Galega de Teatro e posteriormente pasan a inventariarse na Biblioteca.

A Asociación Cultural Entre Bambalinas quixo nomear así o FTMC en memoria e homenaxe á actriz María Casares (A Coruña, 1922-Alloue, 1996), quen aos 14 anos tivo que exiliarse en Francia debido ao golpe militar franquista de 1936. Era filla de Gloria Pérez e Santiago Casares Quiroga, ministro e xefe de goberno da II República.

O Fondo conta actualmente con arredor dun millar de volumes e  revistas, que son unha base moi útil para todas as persoas interesadas polo feito teatral, sendo un depósito especializado en teatro único en Galicia.

Ademais de libros e revistas, o fondo conta con gravacións de vídeo, fotografías, montaxes e outros materiais de interese.

O Fondo Teatral María Casares organiza tamén exposicións e outras actividades, subministrando información sobre diversos acontecementos teatrais: cursos de teatro, festivais, certames, etc. e proxecta ademais converterse nun centro de documentación sobre toda a actividade teatral xerada ao longo dos anos.

Nesta ligazón podedes consultar os libros do Fondo Teatral María Casares.

Logos FTMC
Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

Publicidade
Publicidade
close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.