in ,

Mostra de Teatro Afeccionado Mostra(te) en Salvaterra do Miño

FugaGargallada |

Os vindeiros días 25, 26 e 27 de xullo o lugar de Carballeira das Fraguiñas, na parroquia de Fornelos, pertencente ao concello de Salvaterra do Miño, acollerá a celebración da Mostra de Teatro Afeccionado – Mostra(te), que chega este ano á súa decimo oitava edición. Os asistentes poderán gozar ao longo de tres días co seguinte programa:

O xoves 25 de xullo, a partir das 22:45, terá lugar a representación da obra Fuga a cargo de Gargallada Teatro.

O venres 26, Teatro do Vilar poñerá en escena a partir das 22:45, a obra Aspirina para dous.


Publicidade

Finalmente, o sábado 27, última xornada do encontro, os asistentes poderán gozar a partir das 21:00 horas con O papón e outros contos de comer, obra de teatro infantil a cargo de Codia e Miolo Contacontos. E ás 22:45, Teatro Porta Aberta representará Get Back.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FETEGA |

A Agadic concede axudas a oito festivais escénicos

GeneracionWhy |

Generación Why