in

Teatro Ensalle de Vigo recibe o Premio da Crítica de Artes Escénicas 2023

Pedro Fresneda e Raquel Hernández, de Teatro Ensalle de Vigo (no centro, xunto a Bieito Ledo, Presidente Fundador dos Premios da Crítica de Galicia). Foto: Afonso Becerra.
Pedro Fresneda e Raquel Hernández, de Teatro Ensalle de Vigo (no centro, xunto a Bieito Ledo, Presidente Fundador dos Premios da Crítica de Galicia). Foto: Afonso Becerra.

Na gala da 46 edición do Premios da Crítica de Galicia, celebrada este sábado 28 de outubro, o Teatro Ensalle de Vigo recibiu o Premio da Crítica de Artes Escénicas 2023, concedido por un xurado composto por Afonso Becerra, director da erregueté | Revista Galega de Teatro; Carmen Castro Pombo, organizadora do FIOT de Carballo; Patricia de Lorenzo, integrante de Chévere, gañadora da edición anterior; Carmen Méndez, actriz; Irene Moreira Fontán, profesora da ESADg; Dolores Vilavedra, crítica e profesora da USC; e Ramón Nicolás, escritor e secretario do Xurado de Artes Escénicas, en representación dos Premios da Crítica de Galicia.

No acto, que transcorreu no Centro Social Afundación de Vigo, Ramón Nicolás leu a acta do Xurado de Artes Escénicas, na que se fai un recoñecemento especial aos vinte anos do Teatro Ensalle de Vigo, como espazo independente, cun proxecto de acollida para propostas non convencionais fincadas nunhas teatralidades de proximidade, constituíndo o único lugar que programa con regularidade danza contemporánea.


Publicidade

Pedro Fresneda e Raquel Hernández subiron a recoller o galardón e agradeceron á Fundación dos Premios da Crítica de Galicia ese recoñecemento ao seu traballo colectivo, tamén llo agradeceron á familia do público do Teatro Ensalle e ás compañías, de dentro e de fóra de Galicia, que forman ou formaron parte dese proxecto.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

"Run, Baby, Run" do Centro Dramático Galego. Imaxe de Vanesa Rábade.

Run, Baby, Run

'Berro' de Nova Galega de Danza. Foto: NGD

Que vinte anos é algo