Allea proxecto transmedia de Xosé Leis

Presentación en Coruña do proxecto ‘Allea’ de Xosé Leis

Allea, proxecto transmedia beneficiario das Bolsas de Creación Artística do Concello da Coruña, presenta hoxe a segunda parte do proceso despois de estrear o seu primeiro episodio a mediadios do mes de decembro, un unipersoal escénico baixo o título de Sandwich. A creación de Xosé Leis estrearase na Sala Gurugú da Coruña ás 20.00 h. con Manu Fernández e Victoria Pérez en escena e dramaturxia de Xabier Muñiz.