O CDG celebra as Letras Galegas con 3 montaxes de Redrum, o ciclo Teatro Ob-sceno e unha xornada de portas abertas

A compañía pública amosará as dependencias da súa sede en Santiago a través de visitas guiadas e de accións escénicas nos camerinos, nas oficinas e na biblioteca.   O Centro Dramático Galego (CDG) ten preparado un intenso programa de actividades durante esta semana para conmemorar o Día das Letras Galegas na súa sede do Salón […]

Vinte e catro espectáculos na programación do Concello de Vigo

O venres 25 e o sábado 26 de xaneiro arrinca na rúa do Príncipe a programación municipal de artes escénicas e musicais, VIGOCULTURA, que se desenvolverá nos meses de febreiro, marzo e abril, organizada pola Concellería de Cultura. A compañía portuguesa Projeto EZ realizará unha espectacular ruada, protagonizada por dous vehículos sorprendentes, con pases ás […]

Unha ducia de espectáculos no III Fóra do Mapa de Ferrol

A terceira edición do festival Fóra do Mapa desenvólvese en Ferrol do 24 ao 30 de setembro. Dedicado ás artes escénicas contemporáneas, o programa quere resaltar o patrimonio artístico e arquitectónico da cidade a través da presentación dunha ducia de espectáculos en diversos espazos: algúns descoñecidos e  inexplorados e outros máis habituais para escena ferrolá. […]