in

A expresión dramática no ensino, a debate

|

Esta tarde comezan en Santiago de Compostela as IV Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino que este ano dedican unha parte dos debates á expresión dramática como ferramenta pedagóxica.

As Xornadas pretenden inspirar unha reflexión crítica sobre a necesidade de procurar un enfoque multimodal co que abordar o ensino da literatura galega.

Con este obxectivo, unha das sesións de traballo centrarase en explorar as diversas posibilidades de uso no entorno docente de recursos relacionados coas novas tecnoloxías. Mais a multimodalidade camiña tamén por vieiros rozados, polo que se prestará atención a novas alternativas que ofrecen ferramentas pedagóxicas clásicas, como é o caso da expresión dramática, que pode servir para estimular diversos tipos de alumnado.

Publicidade

Así, ás 18:15, Rosalía Fernández Rial dará unha conferencia sobre “A expresión dramática como ferramenta pedagóxica para o ensino da lingua e a literatura” e, a partir das 20:00, celebrarase unha mesa redonda baixo o título “A vida é puro teatro! (ou a expresión dramática e as súas potencialidades nas aulas), na que intervirán Vanesa Sotelo –dramaturga e directora da erregueté | Revista Galega de Teatro–, Paula Carballeira –dramaturga, actriz e directora teatral– e María Caaamaño –Profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura na USC. Moderará a mesa Montse Pena.

As Xornadas, que se estenderán até mañá sábado, celebraranse na Facultade de Filoloxía. O programa completo pódese consultar aquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

UltimoUltramarinosAlakran |

Finisterrae: O último ultramarinos

EroskiFilme |

Preestrea de ‘Eroski Paraíso’, o filme, en Cineuropa