in ,

Xián Martínez estrea ‘Yellow Lemon’ en Montreal

Yellow Lemon
Imaxe de Guillaume Guardia
O coreógrafo vigués Xián Martínez Miguel estrea esta semana en Canadá a peza Yellow Lemon, que creou para a École de la Danse Contemporaine de Montreal. Trátase dun espectáculo de 30 minutos de duración para 22 intérpretes. Será representada no teatro Tangente Danse de Montreal os días 25, 26, 27 e 28 de Maihttps://erreguete.gal/2022/01/07/24165/o e estará dispoñible en streaming o sábado 28 ás sete da tarde de Montreal (unha da madrugada en Galicia) e logo poderá verse en diferido do luns 30 ao sábado 4 de xuño.
Yellow Lemon estréase nun programa de tres pezas xunto cos coreógrafos Alan Lake e Louise Bedard baixo o nome “Les danses de mai, Opus 2022” e conta coa participación e colaboración de Dantzaz, Dantzagunea, Instituto Etxepare e CALQ.

 

Ficha artística:

Creación: Xián Martínez Miguel.
Música orixinal: Fernando Careaga.
Asistencia creativa: Isabelle Poirier.
Vestiario: Jonathan Saucier.
Produción: École de La Danse Contemporaine de Montreal e iXa.
Intérpretes: André Abat-Roy, Meihan Carrier-Brisson, Aliénor Chamoux, Chanel Cheiban, Maéva Cochin, Clémence Dinard, Nolwenn Duhaut, Mara Dupas, Anna Duverne, Aurélie Ann Figaro, Benjamin Harvey, Rony Joaquin Figueroa, Nûr Khatir, Marianne Lataillade, Alexandre Leblanc, Nils Levazeux, Carlos-Alexis Mendoza, Marianne Murphy, Isabelle Sue Pilette, Valentine Rousseau, Jérôme Tremblay-Lanthier, Zoé Uliana.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

maxresdefault 1 |

En tránsito

Falece Lino Braxe

A AAAG concede o Premio de Honra Marisa Soto a Lino Braxe