Actualidade

AGADIC fai públicas as axudas aos Festivais de Teatro

PUBLICIDADE

A Agadic publicou onte no seu web a resolución das axudas ás mostras de artes escénicas, convocadas xunto coas de festivais de música, actualmente en trámite de resolución. As oito mostras de teatro que resultaron beneficiadas, repartirán a cifra de 180.000 euros.

 

Os beneficiarios deste ano son o 27º Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, con 50.000 euros; a 35ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, con 39.405 euros; o 22º Festival Internacional Galicreques de Santiago, con 26.471 euros; o 11º Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), con 24.445 euros; a 40ª Mostra de Teatro Galego de Cariño, con 14.759 euros; o 5º Festiclown de Vilagarcía de Arousa, con 12.784,63 euros; o 6º Festival das Núbebes de Pontevedra, con 6.369 euros; e o 19º Festival Internacional de Títeres de Redondela, con 5.763 euros.

A Agadic convoca cada ano estas axudas xunto ás destinadas a festivais de música, que se atopan nestes momentos en trámite de resolución. A dotación global deste ano é de 460.000 euros, dos que 280.000 se reservan para os eventos musicais.

Puideron optar a esta liña de subvencións os encontros celebrados en Galicia entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018. A través dela, a Xunta busca “contribuír á consolidación dun mapa galego de festivais de carácter profesional, así como a dinamizar a contratación artística e a creación de públicos nestes sectores culturais”.

De feito, as bases facían especial fincapé na consideración deste tipo festivais como un sector cultural estratéxico para Galicia e no impulso da súa profesionalidade, de xeito que se esixe que polo menos a metade dos concertos ou representacións programadas sexan de pago, agás no caso dos festivais escénicos de rúa.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos