Actualidade

Mala Voadora presenta un díptico no CCVF de Guimarães

PUBLICIDADE

Unha das mais recoñecidas compañías portuguesas representa o díptico formado por Moçambique e Amazónia, no Grande Auditório| do Centro Cultural Vila Flor. Foto: Jose Carlos Duarte |

 

Nesta última semana do mes, o Centro Cultural Vila Flor de Guimarãespresenta un díptico de pezas dunha das mais afirmadas compañías portuguesas, Mala Voadora: Moçambique e Amazónia, soben ao escenario do Grande Auditório o 27 e o 29 de setembro, respectivamente.

Con Jorge Andrade ao temón, a viaxe comeza o 27 de setembro con Moçambique, obra premiada pola Sociedade Portuguesa de Autores en 2017 como Mellor Espectáculo. Jorge Andrade naceu en Moçambique e veu a Portugal con 4 anos, mas en Moçambique (o espectáculo) constrúe unha biografía como se tivese ficado alí. Para tornar cribel esta historia de vida, sobreponse á Historia do país. Jorge Andrade fai parte agora da Historia de Moçambique e, a través dela, das súas vicisitudes políticas, da súa situación no contexto da Guerra Fría, dos avatares da economía internacional a que o país que acababa de acadar a independencia foi suxeito.

Moçambique é un espectáculo en que seis actores son contratados para simular que son mozambicanos, discuten a Historia á medida que tentan montar a narrativa, cantan spots de publicidade de concentrado de tomate en linguas de países capitalistas e en linguas de países comunistas, e danzam para representar algunhas partes da Historia, até ficaren exhaustos.

O sábado 29, Mala Voadora presentará o segundo espectáculo, Amazónia. Secuela de Moçambique, o mesmo grupo de personaxes resolve aventurarse noutro paraíso, a selva amazónica, para gravar unha telenovela ecolóxica: “o planeta precísao, ás persoas interésalles, é ético, é urxente, vai ter audiencia”; así o xustifican. Jorge Andrade, igualmente responsábel do etxto e a dirección desta nova incursión, lévanos a proseguir viaxe para un destino afastado. Os artistas desbrozan novos camiños e procuran financiamento e as personaxes da novela tamén, porque tamén elas queren emprender: queren civilizar a Amazonía, seguir o camiño universal da civilización.

O grupo instálase na Amazonía e a acción desenvolve varios temas de actualidade como a destrución da selva, os indios, un brillante product placement que evoca marcas como Cartier ou a controvertida Monsanto (a maior produtora de pesticidas do mundo, adquirida pola marca alemá Bayer) e o propio argumento da telenovela. Entrelazar todos estes fíos condutores xera un enredo que resulta parodia: “Imos partillando co público a confusión que se xera nestes planos e pretendemos potenciar esa confusión de xeito que se cree un campo mais especulativo, que poida destruír calquera idea de narrativa e encontrar unha outra forma de ollar, alén da lóxica como a entendemos. Procuramos criar unha especie de delirio e ver cal é o noso lugar neste caos”, explica Jorge Andrade.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!