in

Inversa Teatro estrea ‘Sofía e as postsocráticas’

Sofiaeaspostsocraticas2 |

ACTUALIZACIÓN: Por lesión dunha das actrices, Inversa Teatro adía a preestrea de Sofía e as Postsocráticas: o 30 de novembro será a preestrea no Culturgal, en Pontevedra, e o día 5 de decembro a estrea, no Auditorio Municipal de Vigo. 

 

A nova montaxe de Inversa Teatro, Sofía e as Postsocráticas chega este novembro aos teatros. O venres 9 ás 21:00 horas haberá unha pre-estrea no Auditorio da Illa de Arousa, para ao día seguinte –sábado 10 de novembro, ás 20:00–  levar a estrea oficial ao Auditorio Municipal de Vigo.

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partir de tres personaxes en escena, Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres), a compañía tratará de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poidamos facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista.


Publicidade

Xunto coas personaxes e mediante o emprego de máscaras, a dramaturxia conta tamén con elementos audiovisuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontolóxico, o victim blaming (culpabilizar á vítima), a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transitan as personaxes da obra.

 

Ficha

Dirección: Marta Pérez.
Texto: Marta Pérez (a partir de materiais de creación colectiva).
Dramaturxia e interpretación: Marta Pérez. María Roja. Silvia Penas.
Poemas: Silvia Penas.
Movemento: María Roja.
Escenografía: Montse Piñeiro.
Construción Escenografía: Gonzalo Alonso.
Videocreación: Laura Iturralde.
Iluminación: Ángel Sousa.
Espazo Sonoro: Jesús Andrés Tejada & Silvia Penas (CintaAdhesiva).
Vestiario: Silvia Sánchez (Lechanelas). Josefa Rivas.
Voz en Off: Manuel Outeiriño.
Fábulas Postsocráticas: Marta Pérez. Silvia Penas.
Campaña de Comunicación e fotografía: Ángel Sousa – Ampersand Fotografía
Produción: Marta Pérez.
Axudante Produción: Belén Piñeiro.
Gravación Obra: Fon Cortizo
Imaxe gráfica: María Rodríguez.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

InspectorMuxicas |

Muxicas leva a Ourense ‘O inspector’ de Gogol

CaminoEscenaNorte |

As artes escénicas de Asturias, Cantabria, Euskadi e Galicia únense en ‘Camino Escena Norte’