in

Fernando Epelde gaña o I Premio SELIC na categoría de Teatro

Fernando Epelde |
Fernando Epelde é o gañador do I Premio SELIC de creación literaria na categorías de teatro, pola súa obra Realness.

 

Na categoría de textos teatrais, o I Premio SELIC foi para a obra Realness, presentada por Fernando Epelde García baixo o lema “Polari”. Do texto, o xurado destacou que “é unha obra que crea unha atmosfera rica, atractiva e suxestiva; e cunha escrita limpa e puída que permite unha lectura áxil que narra o enfrontamento entre a lei e a liberdade”. Salienta tamén que o texto “presenta unha frescura e unha actualidade chea de conversas disparatadas e interesantes, con personaxes que se expresan con naturalidade e formula interrogantes sobre a identidade sexual das persoas”.

Fernando Epelde García naceu en Ourense en 1980 e, aínda que iniciou a súa formación no ámbito da interpretación e a edición en vídeo, acabou dirixindo a súa carreira tamén cara á escrita. Influenciado por dramaturgos galegos como Carlos Losada e Rubén Ruibal, traballa frecuentemente coa compañía Voadora. Na actualidade, compaxina o seu traballo como dramaturgo co seu proxecto musical Raposo.


Publicidade

Na categoria de poesía, o I Premio SELIC foi para a obra A cidade e a chuvia, de Rafa Vilar, mentres que na categoría de narrativa o premio quedou deserto.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Michael Clark©Hugo Glendinning |

Michael Clark pechará a nova edición de GUIdance

IriaPinheiro©OlaiaSendon |

Compostela e Teo amosan os espectáculos sementados na “berberecheira” de Chévere