in

ArtesaCía presenta ‘Chola, a It Girl’ no Salón Teatro de Compostela

chola a it girl 32 |
Laura Villaverde interpreta unha ‘influencer’ galega, rural e 100% ecolóxica nesta peza, que poderá verse en Santiago desde mañá xoves ata o domingo

 

ArtesaCía traballa esta semana na sede do Centro Dramático Galego (CDG), o Salón Teatro de Santiago, onde desde hoxe, día 31, até o domingo 3 de febreiro representará a comedia Chola a it girl. Farao como unha das cinco compañías que participan esta temporada no programa de residencias artísticas da compañía pública, que pon á súa disposición as instalacións da súa sede e o apoio do equipo técnico para ultimar ou perfeccionar as súas propostas.

No caso de ArtesaCía, a peza teatral Chola a it girl forma parte do proxecto transmedia Chola&Lola, con creación, dirección e interpretación de Laura Villaverde. Deste xeito, ademais de no escenario, a historia de Chola desprégase través de múltiples medios e ferramentas narrativas, entre as que se atopa un canal de YouTube, un blog, perfís en redes sociais e unha tenda en liña.


Publicidade

Seguindo o estilo dos shows de coñecidos monologuistas, nesta comedia Laura Villaverde dálle vida á gran influencer galega Chola, cuxos trucos de beleza 100% ecolóxicos arrasan en YouTube. Agora é contratada por un teatro para realizar o seu primeiro titorial en directo, no que revelará en 10 sinxelos pasos os trucos para converterse nunha ‘It Girl rectificada’: youtuber, blogueira, mecánica de coches, traballadora do rural e piloto de rallys, ao volante do automóbil co que comparte escenario. Pero todo dá un xiro cando a protagonista recibe unha chamada en directo que a levará a confesar a súa faceta máis oculta e porá en evidencia as súas imperfeccións e humanidade, atributos nos que radica o seu éxito.

No Salón Teatro, representarase desde hoxe xoves ao sábado, ás 20,30 h., e o domingo, ás 18,00 h. Ademais, tras a función de mañá terá lugar un encontro co público, no que os asistentes terán a oportunidade de intercambiar impresións sobre o espectáculo co equipo de ArtesaCía.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ManuelMariaFoz |

Presentación da ‘Obra teatral’ de Manuel María en Foz

AventoUmmm |

Avento estrea dous espectáculos esta fin de semana