in

II Festival de Teatro de Rúa de Ponteareas

DragonologiaProjetoEz |

O Concello de Ponteareas consolida a oferta cultural de teatro coa segunda edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa, que comezou onte e que seguirá ofrecendo espectáculos de compañías chegadas de Cuba, Portugal, Madrid ou Galicia até o sábado 6 de xullo.

Os espectáculos itinerantes daranlle ambientación a diferentes puntos da vila nos seus percorridos con compañías como Projeto Ez, The Turres Band ou EducaTeatro, e nos escenarios fixos estarán con Javi Javichy, o Mago Raúl, Wilbur, Trasno ou Mircromina Títeres , entre outros.

O Festival arrancou onte cun espectáculo itinerante a cargo da compañía Projeto EZ, de Portugal, co título Dragonología.

Publicidade

Hoxe, xoves 4, é a quenda de Javi-Javichy, quen mestura técnicas circenses, participación e humor nas súas obras. Ás 19:30 na Praza de Bugallal, Ademais tamén haberá itinerantes polas rúas e prazas ás 19:00 e ás 20:30.

O venres ás 19:00, EducaTeatro presenta un espectáculo itinerante cunha ambientación circense. Ademais, Mircromina Títeres presentará a obra A familia unida ás 19:30, no Parque da Perillana. O Mago Raúl actuará no Parque das Pombas ás 21:00. E a Turres Band poñeralle o ramo ao programa do día.

O sábado o Festival contará con Os Porquiños van de Festa, de EducaTeatro, nun percorrido polas rúas de Ponteareas. Ademais poderase desfrutar do espectáculo do Mago Raúl ás 19.30h. na Feira Vella. Na Praza Maior ás 21.00h. Wilbur ofrecerá un espectáculo de acrobacia e humor, unha proposta impactante tanto na técnica coma no físico.

A festa de clausura correrá a cargo de EducaTeatro e Os Porquiños van de Festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CDG AGADIC

A erregueté organiza unha mesa redonda sobre o Centro Dramático Galego

ballet shoes |

O Centro Coreográfico Galego inicia os seus cursos de verán