in

Os XXV Premios de Teatro María Casares xa teñen cartel

Premios María Casares
Deseño de Andrea López

Andrea López asina o deseño desta edición, que se celebrará o 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña, e cuxos finalistas se coñecerán o vindeiro mércores 30 de xuño na Terraza do Edificio SGAE de Santiago de Compostela.

Andrea López encárgase da creación do cartel dos XXV Premios de Teatro María Casares. A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entidade organizadora dos galardóns, confiou este ano na ilustradora coruñesa para crear a imaxe dos María Casares, dando así continuidade á iniciativa emprendida pola AAAG nas edicións anteriores de encargar a creación dos carteis a diferentes artistas co obxectivo de estreitar relacións entre o sector escénico e o ámbito da ilustración, a banda deseñada e o deseño gráfico. Deste xeito, en convocatorias anteriores asinaron o cartel dos María Casares autores como David Rubín, Aldara Prado, Manuel Silva ou Xulia Vicente.

Nesta ocasión, a AAAG recorre a Andrea López para crear un cartel no que o protagonismo recae na figura de María Casares e na máscara, creando un xogo de mimetización recíproca. Ao tempo, a actriz prolóngase como parte do escenario mentres que, no segundo plano, atopamos unha alegoría tanto do público coma dos profesionais da escena reunidos. A combinación de todos estes elementos representan, a ollos da propia autora, a celebración dos 25º Premios María Casares.


Publicidade

Os finalistas dos XXV Premios de Teatro María Casares daranse a coñecer o vindeiro mércores, 30 de xuño, na Presentación de Finalistas que se celebrará na Terraza do Edificio SGAE en Santiago. A gala de entrega dos galardóns terá lugar o 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro. Os Premios de Teatro María Casares están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia e contan co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación da Coruña, o Concello de Coruña, Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación AISGE ou a Fundación SGAE.

Andrea López

Nada na Coruña en 1976, Andrea López estudou Belas Artes en Pontevedra e Barcelona. Tras completar a súa formación, exerceu diferentes oficios relacionados coas artes gráficas. Asi traballou como deseñadora nunha empresa de rotulación ou de maquetadora nunha revista.  Pouco a pouco abriuse camiño na ilustración en libros de literatura infantil de editoras como Galaxia, Tambre ou Ir Indo. Ademais, colaborou no lembrado fanzine Barsowia. Nos últimos anos, a súa traxectoria centrouse máis na ilustración editorial, dirixida para un público máis adulto. Colabora con asiduidade coa revista Tempos Novos, coa editorial Através Editora, Los Libros de Catarata e realiza traballos puntuais para institucións como a Universidade de Santiago ou Turismo de Santiago.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Maria a Mãe

Maria, a Mãe

Edgar Costas Sanmartin |

Edgar Costas: “As novas xeracións teñen un espírito crítico moi agudizado”