O proxecto Circo Móbil nace para chegar ás zonas máis devastadas de Gaza e proporcionar a través do circo unha parte do apoio psicolóxico e psicosocial que precisan os nenos e as súas familias.
Para conseguilo, a asociación galega Pallasos en Rebeldía e a escola de circo Gaza Stars veñen de lanzar un crowdfunding para financiar un microbús que leva espectáculos circenses por toda a franxa de Gaza, especialmente en zonas fronteirizas marxinadas e destruídas.
A primeira fase do crowdfunding, onde xa levan 2.000 euros nunha semana, ten como obxectivo conseguir os 20.000 euros que custa o microbús. Unha vez alcanzada esta primeira parada, continuarán a financiación para sufragar os gastos da xira, os salarios dos/as artistas e a rodaxe dun documental sobre o Circo Móbil. “Cremos que o circo e a risa son transformadores e necesarios para calquera neno. Por iso queremos levalos a todos os recunchos de Gaza”, di Iván Prado, voceiro de Pallasos en Rebeldia.
- O Salón Teatro acolle o espectáculo ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’ - 16/12/2025
- O Eu.Experimento do Camões CCP en Vigo homenaxea á súa actriz Ana Sousa, recentemente falecida - 16/12/2025
- O Colectivo D’elas é galardoado co Premio do Público no 39 Certame Coreográfico de Madrid - 07/12/2025



