in

Condetrespés estrea unha nova montaxe de ‘Rastros’, de Roberto Vidal Bolaño

Rastros1 |
Imaxe de Condetrespés

A compañía Condetrespés, en coprodución co Centro Dramático Galego, estrea unha nova montaxe de Rastros, de Roberto Vidal Bolaño, no vinte aniversario do seu falecemento. A adaptación da obra está dirixida por Lois Blanco Araúxo e interpretada por Antea Rodríguez, Mateo Franco, Muriel Pernas e Pablo Carrera; mentres que  Diego Valeiras dirixe o espazo escénico, Dani Juncal asina o deseño de iluminación e Javier Gey Fungueiriño o de son.

A peza estréase esta fin de semana, cunha función o venres 4 e outra o sábado 5 de marzo, ambas ás 20.30 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Logo iniciarase unha xira galega que pasará por Vimianzo, Carballo, Cee, Narón, Ourense, O Barco de Valdeorras, Viveiro, A Estrada, Redondela e finalizará o venres 27 de maio no Teatro Rosalía da Coruña.

O traballo conta tamén co apoio da Deputación da Coruña, a Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, o Concello de Illa de Arousa e o Concello de Brión.

A primeira representación desta obra data do 19 de marzo de 1998,  cun elenco formado por Patricia de Lorenzo, Luis Iglesia, Xoán Carlos Mejuto e Rubén Ruibal e música de Berrogüeto, na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa. A montaxe acadou dous Premios María Casares: un para Patricia de Lorenzo, como Mellor Actriz Protagonista, e outro para Roberto Vidal Bolaño ao Mellor Texto Orixinal.  Case un cuarto de século despois, Rastros volve estrearse, desta vez no Teatro Principal de Santiago de Compostela, nunha adaptación que busca trasladar a obra, ambientada a finais do século XX, á época actual


Publicidade

 

 

.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Premio Abrente 2021 Imaxe da MIT 3 |

A MIT de Ribadavia convoca o 17º Premio Abrente de Textos Teatrais

As Alumnas con Anabell Gago e Mónica Caamaño

Culturactiva Producións estrea ‘As alumnas’