in

A Academia Galega de Teatro presenta as actas do I Congreso Internacional do Teatro Galego

Presentacion actas 4 |
Imaxes da A.G.T.

A Asociación Academia Galega de Teatro, A.G.T., presentou onte en Ferrol as actas do I Congreso Internacional do Teatro Galego. O acto, celebrado no Ateneo Ferrolán ante un auditorio cheo, comezou coa intervención de Luma Gómez, actriz de Teatro do Noroeste, que fixo un percorrido persoal co título “Do Afeccionado ao Profesional”. Pola súa banda, Xoana Balado, directiva da asociación, presentou unha “Retrospectiva do I Encontro do Teatro Profesional, celebrado no Ateneo Ferrolán no ano 1988”, coa participación de alumnos da Escola de Teatro de Narón. De seguido, Imma António Souto, presidenta da A.G.T., procedeu a facer a presentación da publicación das actas, Deseñando horizontes: situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego, que están dispoñibles para a súa consulta e descarga na páxina web do Consello da Cultura Galega, e que veñen de ser editadas tamén en formato físico.

Fíxose entrega das mesmas por parte do deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, a todos os profesionais e autoridades asistentes para dar logo paso á entrega do Premio da A.G.T. 2022 a Luciano Fernández Vicente, director técnico do Pazo da Cultura de Narón, “pola súa contribución, dedicación, constancia e profesionalidade na estabilidade da programación teatral do país”. Fernández Vicente agradeceu o outorgamento e lembrou que dúas persoas do teatro influíron moito na súa carreira como xestor, referíndose a Francisco Oti e a Gonzalo Rodríguez Calvo (membro do consello editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro), ambos responsables da Vogalía de Teatro do Ateneo Ferrolán, primeiros organizadores dos xoves teatrais e da organización da Mostra de Teatro Infantil Galego “Xeración Nós”; e rematou a súa intervención dando o seu apoio e solidariedade a Manuel Freire Cid, o programador de Ourense afastado das súas funcións.

 

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A Asociación de Autores de Iluminación (AAI)

Os iluminadores galegos súmanse á Asociación de Autores de Iluminación (AAI)

Detalle da instalación sonora, realizada polo alumnado da ESAD de Galicia. Foto Afonso Becerra

Gurús nas aulas