in ,

Celébrase o III Certame Coreográfico Compostela

Este venres 19 de Maio de 2023 celébrase o III Certame Coreográfico Compostela no Teatro Principal de Santiago

'Ollos cara adentro' de Elena Castellanos e Xián Martínez. @ixa.danza. Foto: @blancaclarita
'Ollos cara adentro' de Elena Castellanos e Xián Martínez. @ixa.danza. Foto: @blancaclarita

Este venres 19 de Maio de 2023 celébrase o III Certame Coreográfico Compostela no Teatro Principal de Santiago, promovido e realizado por Can Cun Quinqué, baixo a dirección de Isabel Sánchez Temprano e Leodan Rodríguez Casas, co apoio do Concello de Santiago.

O certame busca potenciar a creación en danza e a proxección estatal e internacional, propoñendo un espazo para o encontro, o diálogo e o desfrute en torno ás artes

do movemento. Así mesmo, está pensado para congregar nun mesmo escenario diversas

propostas que reflictan a diversidade do panorama da danza actual.

Nesta edición foron seleccionadas 6 pezas para ser presentadas na final, que se celebra este venres 19 de maio no Teatro Principal de Compostela,  ás 18h., e que estará aberta ao público, que só necesita retirar os seus convites na billeteira do teatro a partir das 16h. de hoxe.

A selección das pezas finalistas é a seguinte

OLLOS CARA ADENTRO – IXA (GALICIA-NAVARRA)


Publicidade

GENZAI – MERAKI CÍA (BARCELONA)

EFECTO RASHOMON – FREQUENSI DC (MADRID)

OUTRORA NÓS – MEVADEUS (GALICIA)

BAILADOR – OSCAR COBOS CÍA (GALICIA)

DEIXIS – CRISTINA MONTERO (GALICIA)

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fernández del Riego

Necesidade dun Teatro Galego

Eva Comesaña

O Teatro Gorrilla pecha tempada cun festival especial